Balance de servizos preventivos no Festival de música Resurrection
Cruz Vermella Española Lugo
Xullo de 2019. Celeiro, Viveiro. Lugo
O Resurrection Fest é un dos festivais de música máis populares de España, centrado no metal, hardcore, punk e rock, que ten lugar na localidade de Viveiro, na Parroquia de Celeiro, na provincia de Lugo.
Ao festival, na edición de 2019, asistiron 102.053 persoas segundo datos da organización.
Cruz Vermella Española Lugo desenvolveu un dispositivo especial preventivo e asistencial para este macro festival.
Recursos materiais: dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico (Concertos), unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado ( UVI móbil), ambulancia asistencial de soporte vital básico (24 horas/día) situada no cámping de Area, dous vehículos de apoio loxístico, un posto de curas básico con desfribilador (24 horas ao día) no cámping de Area, dúas mochilas de intervención con desfibrilador.
Recursos humanos: Dúas técnicas diplomadas universitarias en enfermería ( DUES), catro persoas técnicas en especialistas en transporte sanitario, dúas persoas socorristas con formación en reanimación cardiopulmonar ( RCP) e en disfribilador ( DESA).
Resumo de incidencias: Cinco traslados ao Hospital dá Costa (Burela) e once ao momento de atención continuada de Burela, 210 atencións en punto de acampada e 120 evacuacións ao Hospital de campaña.